Saturday 22 January 2022

OS SÍMBOLOS DO GALEGUISMO NA HISTORIA DA CORUÑA

 


OS SÍMBOLOS DO GALEGUISMO NA HISTORIA DA CORUÑA

ALUMNADO DE 4º ESO E

CURSO 2021-2022









Samuel López García 4º ESO E



Alicia Díaz Vázquez ESO E



Hugo Rodríguez de Azevedo ESO E


Carla López Riveiros ESO E



Roberto Sarmiento Fernández ESO E


Wednesday 19 January 2022

AS IRMANDIÑAS

 AS IRMANDIÑAS

Lúa Quian Morás e Alba López Vázquez

2º Bach F

Todos coñecemos o feito de que en maio de 1916 xurdiu na cidade da Coruña a organización nacionalista galega coñecida como as Irmandades da Fala, cuxo obxectivo foi o desenvolvemento de actividades políticas e culturais en Galiza, e no que destacaron autores como Noriega Varela ou Ramón Cabanillas, entre outros.

Porén, non podemos esquecer aquelas mulleres cuxa achega foi silenciada ou que ficou nalgúns casos reducida a unha figura de acompañamento dos seus maridos. Ante esta situación as mulleres da época víronse na necesidade de crear un grupo no que puidesen participar nas Irmandades. É así que en agosto de 1918 se crea a Sección Feminina das Irmandades da Fala coruñesa, con máis de 200 asociadas, segundo indicou o xornal da época “A Nosa Terra”.

 

MICAELA CHAO MACIÑEIRA


Apoiada polo seu marido Antón Vilar Ponte, escritor, periodista e político galego, foi a única muller que participou no acto fundacional das Irmandades da Fala e abrazou con plena consciencia o ideario exposto no folleto Nacionalismo gallego (1916), converténdose nunha das primeiras mulleres en profesalo e axudar a espallalo, para máis adiante ser a principal animadora da constitución realizada en agosto de 1918 da Sección Feminina da Irmandade coruñesa.

Micaela resultou absolutamente decisiva na traxectoria do seu marido. Ambos partillaron un proxecto de vida en común no que non faltaron renuncias e contrariedades. Foi o prezo que tivo que pagar por casar cun galeguista e republicano de clase media e de ideas avanzadas que decidiu marchar a contracorrente de moitos usos imperantes no seu medio social.

Procedente dunha familia con certo acomodo económico, Micaela non só renunciou a certo tipo de vantaxes e comodidades que a profesión e o compromiso civilista do seu marido non lle podían garantir, senón que chegou a asumir activamente a ideoloxía e o activismo nacionalista que aquel liderou publicamente a partir de 1916.

A pesar de que morreu inesperadamente o 27 de novembro de 1928, con tan só 36 anos de idade, Michaea foi claramente a “figura fulcral” do grupo das Irmandiñas coruñesas.

 

MARIA MIRAMONTES


Nacida en Bergondo o 6 de abril de 1895 foi educada para dedicarse a ser costureira dende cativa, e no ano 1918 accedeu á Sección Feminina das Irmandades chegando a formar parte da súa Xunta Directiva.

Máis tarde, xunto ao seu marido Ánxel Casal, fundou a Editorial Lar, a Editorial Nós e dirixiu as Escolas de Insiño Galego, ademais de ter unha participación activa no Partido Galeguista e na Agrupación Republicana Feminina. O seu marido foi alcalde de Santiago durante a República e foi asasinado en xullo de 1936 polo bando sublevado. Trala morte do seu home, María Miramontes exiliouse en Bos Aires onde se dedicou ao seu oficio de costureira para manter a súa independencia económica e volveu a casar. Morreu o 17 de setembro de 1964 en Bos Aires.

 


OLIMPIA VALENCIA LÓPEZ


Naceu en decembro de 1898, e como moitas mulleres daquela época, estudou Maxisterio aínda que non tiña inclinacións cara á docencia, e no ano 1919, trasladouse a Santiago de Compostela para estudar a carreira de Medicina, licenciándose cun brillante expedente académico: 19 matrículas de honra e premio extraordinario de licenciatura. Aínda que desexaba especializarse en enfermidades pulmonares, non estaba ven visto que as mulleres tratasen aos homes, por iso, a xinecoloxía foi a súa única opción.

É así que en 1925, non só se converteu na primeira muller galega en obter a licenciatura en Medicina, senón tamén na primeira muller en exercer na especialidade de Xinecoloxía.

E a pesar de que por ser muller a polas súas ideas políticas non o tivo nada fácil, grazas á súa profesionalidade, gañou o respecto dos seus pacientes e colegas de profesión.

 

EMILIA DOCET


Nacida en Vigo en 1915, filla de pai galego e nai peruana, tivo parentesco coa familia de Xosé Núñez Búa, fundador do partido Galeguista.

Estudou en Vigo e destacou como nadadora nos tempos da República. En 1933 gañou os concursos de Miss Galicia e Miss España, e ao longo de toda a súa vida mantivo un grande activismo político militando no Partido Galeguista. De feito, foi a única muller que puido intervir no primeiro mitin das arengas, acto público deste partido celebrado o 25 de xullo de 1934 en Santiago.

Morreu aos 80 anos, en 1995, na súa cidade natal, Vigo.


OS SÍMBOLOS DO GALEGUISMO NA HISTORIA DA CORUÑA

  OS SÍMBOLOS DO GALEGUISMO NA HISTORIA DA CORUÑA ALUMNADO DE 4º ESO E CURSO 2021-2022 Samuel López García 4º ESO E Alic...